Política de privacidade

Lorem Ipsum

Protección de datos

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol tomou as medidas e niveis de seguridade e protección de datos persoais esixidos pola LO 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e a súa normativa de desenvolvemento. Os datos persoais recabados por medio desta web poderán ser obxecto de tratamento automatizado e incorporaranse a un ficheiro titularidade da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, que é asemade a responsable de tal ficheiro.

O enchido do formulario incluído no sitio ou o envío de correos electrónicos ou outras comunicacións á Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol supón o consentimento expreso do afectado ou interesado á inclusión dos seus datos de carácter persoal no referido ficheiro automatizado, titularidade da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol.

O afectado ou interesado pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición consonte o previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa aplicable ao efecto, perante o envío por correo electrónico dunha solicitude a coordinacion@turismoferrolterra.es.

Tal solicitude deberá acompañarse do nome e apelidos do usuario e fotocopia do seu DNI.

Recollida de datos

A recollida de datos de carácter persoal realizarase única e exclusivamente a través dos formularios publicados neste dominio e dos correos electrónicos que os usuarios poidan remitir á Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol.

Cesión de información persoal a terceiros

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol non vende, cede, aluga nin transmite de ningún xeito información ou datos de carácter persoal dos seus usuarios a terceiros.

Cambios na política de seguridade e protección de datos

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol resérvase o dereito de modificar a súa política de seguridade e protección de datos de forma discrecional, en calquera momento e sen previo aviso, sempre consonte a lexislación estatal e autonómica vixente en materia de protección de datos, con efectos da data de publicación de tal modificación neste sitio web.

Navegación anónima e o uso de cookies

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, asociación titular de costadasondas.es só obtén e conserva a seguinte información dos visitantes da súa web:

  • Nome do dominio do provedor (PSI) e/ou o seu enderezo IP que lles da acceso á rede. Por exemplo, un usuario do provedor XXX só será identificado co dominio xxx.es y/ou o enderezo IP. Así podemos elaborar estadísticas sobre os países e servidores que visitan a nosa web.
  • A data e a hora de acceso á nosa web. Isto permítenos coñecer as horas de maior afluencia e facer os axustes precisos para evitar problemas de saturación nas nosas horas punta.
  • O enderezo de Internet de onde partiu o enlace que dirixe á nosa web. Grazas a este dato, podemos coñecer a efectividade dos distintos banners e enlaces que apuntan ao noso servidor, para potenciar os que ofrezan mellores resultados.
  • O número de visitantes diarios de cada sección. Así coñecemos as áreas de mais éxito e podemos aumentar e mellorar o seu contido, para que os usuarios obteñan un resultado mais satisfactorio.
    A información obtida deste xeito é totalmente anónima e non pode de ningunha maneira e asociada a un usuario concreto e identificado.
  • As páxinas da nosa web utilizan cookies, pequenos ficheiros de datos que se xeran no ordenador do usuario e que nos permiten obter a información antes definida. O usuario ten a opción de impedir a xeración de cookies seleccionando a correspondente opción no seu navegador. Porén, non nos responsabilizamos de que o desactivado dos mesmos impida o bo funcionamento da páxina.