FAITE SURF FRIENDLY

e forma parte da nosa comunidade

Que é ser Surf Friendly?

Ser Surf Friendly supón integrarse na marca Costa das Ondas, a marca oficial para a promoción turísitica do xeodestino Ferrolterra – Rías Altas como destino de surf. Supón ser partícipe en tódalas accións de promoción online y offline do xeodestino e o produto turístico surf, que se programen. Ter visibilidade nesta mesma web e formar parte dunha comunidade de servizos asociados ao surf que forneza e mellore o valor da oferta individual.

Quen pode ser Surf Friendly?

Entidades do sector turístico vinculadas, directa ou indirectamente, co surf ou establecementos que conten entre os seus clientes a amantes do surf (escolas de surf, surf camps, surf houses, tendas de material de surf, artesáns, aloxamentos, establecementos de restauración, …).

Estas entidades deberán estar  localizadas nalgún dos 21 municipios que conforman o xeodestino Ferrolterra – Rías Altas:
Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.

CONTACTA CON NÓS

Xerente de Costa das Ondas
Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol
Casa do Concello de Ferrol
Pza. de Armas s/n,
15402 Ferrol

Se acepta os termos de uso desta web, risque esta celda