O Hotel Herbeira é un hotel boutique de tres estrelas, situado nunha ladeira da montaña a un quilómetro de Cedeira e a seiscentos metros da praia. As vistas dende as habitacións do hotel son espectaculares e dende todas elas pódese ver o mar, a praia da Magdalena e todo o conxunto que forman os edificios da Vila mariñeira de Cedeira.
O Hotel foi deseñado polo prestixioso arquitecto Alfredo Alcalá, que proxectou un edificio de liñas nórdicas e con espazos interiores moi modernas e cálidas. Dispón dunha piscina á fronte e unha cafetaría para gozar dun bonito solpor ou unha agradable noite de verán no xardín-terraza que rodea a piscina.
No Hotel Herbeira atopará o aloxamento ideal para as súas vacacións e tamén para o seu descanso nas súas viaxes de negocio. No hotel atenderanlle en español e inglés para poder ofrecerlle o mellor servizo. Informarémoslle dos mellores destinos para visitar así como unha recomendación gastronómica nos restaurantes e mesóns da nosa vila.